Como cada ano, o final do segundo trimestre celebrámolo con ciencia.
O alumnado voluntario de 5º e 6º curso de primaria presentaron unhas propostas cheas de maxia porque, como sabedes, o noso proxecto de centro é "Habelas, hainas".
O cole encheuse de pantasmas voadoras, coches enmeigados, sombreiros de bruxas moi burbulleantes, e todo tipo de bruxerías de cores.Apócemas, conxuros e relatos moi ven traídos para explicarnos que a ciencia ten algo máxico, e a maxia é ciencia.
Grazas a todo o alumnado participante polo traballo e esforzo que fixeron posible esta xornada tan divertida, e a toda a comunidade pola paciencia e colaboración.
Se queres ver outras entradas relacionadas, preme nas seguintes imaxes:






Comentarios
Publicar un comentario