Puxémonos serias e profesionais, isto do cine documental tenche estas cousas...
Estivemos a preparar un docu para dar a coñecer a realidade das persoas con Síndrome de Rett e as súas familias.
Para nós isto é facer comunidade porque se afecta a unha persoa, atínxenos a todas.
A continuación deixámosvos o documental que fixemos con tanto agarimo e ilusión, e esperámosvos a todas no cole o martes día 8 de abril, ás 13:00h., para participardes na carreira solidaria a favor das persoas con Síndrome de Rett.
Comentarios
Publicar un comentario