FEIRA DE CIENCIA: QUENTANDO MOTORES

Outro ano máis estamos decididas a compartir achados científicos con toda a comunidade educativa. Para que isto ocorra cómpre preparar con empeño o día da Feira de Ciencia na nosa escola que se celebrará, como xa é tradición, o último día do segundo trimestre.

Estes días andamos observando, comprobando e estudando os experimentos que vos queremos mostrar. Como en calquera proceso de aprendizaxe que se precie están presentes as risas, a calma e o compañeirismo e o traballo en equipo.

O día da feira, e seguindo coa temática da nosa PDI "Habelas, hainas", poderedes, entre outras propostas, tocar ollos máxicos, ver pantasmas voadoras ou alucinar con coches en meigados...

Se nos queres ver durante os recreos traballando duro na preparación da feira, pódesnos atopar no patio, na biblio ou na aula de polos.

Vémonos pronto!


Comentarios