LEO LIONNI

   

    Dende hai tempo queriamos facilitar o acceso ao coñecemento de libros que temos no noso fondo e tentar abrir o apetito de lectoras e lectores.

    Por isto, este curso, decidimos preparar unha serie de actividades de fomento da lectura arredor da obra de Leo Lionni.





 




    Durante dúas semanas BiblioSouto encheuse de propostas arredor da súa obra. Todo o alumnado pasou pola biblio a coñecer a colección de títulos que temos do autor e a afondar un pouco máis sobre a súa vida e obra.


    



     Lecturas, obradoiros e charlas encheron a nosa biblioteca. Mesmo houbo familias que tamén viñeron participar destas propostas durante a tarde de "biblio en familia".

  


    Foi un pracer poder desenvolver esta actividade e esperamos repetila con outras autoras no vindeiro curso. Moitas grazas a todas as que colaboráchedes e desfrutáchedes con ela.

   

    A partir de hoxe, podedes ver todos os materiais creados polo alumnado nunha exposición temporal na entrada do centro.





    Títulos do autor que podes ver en BiblioSouto:

Lionni, L. (2005). Pequeno azul e pequeno amarelo

Lionni, L. (2007). Nadarín

Lionni, L. (2018). Paso a paso

Lionni, L. (2018). A casa máis grande do mundo

Lionni, L. (2019). Cornelio

Lionni, L. (2020). Frederick

Lionni, L. (2020). O soño de Matías

Lionni, L. (2020). Unha pedra extraordinaria

Lionni, L. (2022). Unha cor propia

Lionni, L. (2024). Un peixe é un peixe




Comentarios