TEATRO: O CALCETÍN AMARELO

 
    

    Non todo é o que parece. En ocasións, un libro algo velliño ou de pequeno tamaño, ou unha edición sinxela, lévanos a non collelo do andel e pasar ao seguinte máis recente, chamativo e lustroso.

        

    Afortunadamente, o alumnado de 4ºA decidiu "descubrir-NOSun dos libros que leva máis tempo na nosa biblio, dende a década dos 90.

    

    Grazas a elas/es puidemos coñecer O calcetín amarelo, de María Dolores Rial Fernández; unha historia sobre o poder da imaxinación a partir do momento en que o avó Ramón atopa no fondo do costureiro un calcetín esquecido, vello e desparellado.



    Coa música de Yann Pierre Tiersen e as marabillosas creacións plásticas que elaborou o propio alumnado, puidemos desfrutar dunha posta en escena coidada, colorista e áxil. 



    Sabemos que Títeres Cachirulo e o cuarteto Caramuxo levaron con anterioridade esta obra á escena, pero o noso alumnado fíxoo coa mesma dignidade e honestidade que estas compañías profesionais. 
Fixeron dous pases para todo o centro, antes e despois do recreo, e esa mañá viuse envolta pola maxia do teatro.


Moitas grazas e que viva o teatro!




Para ver outra entrada relacionada preme na seguinte imaxe:



Comentarios