TEATRO: CORRE CORRE CABACIÑA

 


    Hoxe en BiblioSouto desfrutamos da obra de teatro Corre, corre, cabaciña.


    O alumnado de 4ºB fixo unha marabillosa adaptación do famoso conto escrito por Eva Mejuto e ilustrado por André Letria, publicado por OQO alá polo 2006.


    Nesta versión, a avoa é incluso máis falangueira e chistosa ca na versión orixinal.


    Nun dos momentos álxidos da representación, todo o elenco convida ao público a festexar con elxs o casamento de Ana e Carmiña, bailando e cantando o temazo Ven bailar Carmiña, de Radio Cos.


    Unha peza algareira e necesaria, xa que está contada dende a perspectiva da diversidade sexual.


    Moitas grazas a 4ºB por achegarnos unha peza teatral, empregando un dos libros do noso fondo, e seguir rompendo estereotipos.


Que viva o teatro!



Para ver outra entrada relacionada preme na seguinte imaxe:




Comentarios