LEO LIONNI
As máis importantes escritoras e escritores non deixan nunca de lado a súa infancia. Dalgún xeito seguen manténdoa viva a través das súas obras.
O autor sobre o que vos falamos hoxe, nas súas memorias, dixo así:
“Unha das miñas paixóns de neno era o terrario da miña
habitación, alimentaba e coidaba animais, sobre todo reptis, con moito mimo,
observándoos e xogando coa natureza e sentíndome parte dela”.
“Un tío meu foi pintor da bohemia e miña nai era cantante
de ópera. Cando eu tiña só nove anos preguntáronme que quería ser de maior e eu
dixen con toda convicción: artista!”
“Desfrutaba construíndo mundos alternativos empregando area,
pedras, musgos, fieitos…”
Pois ben, cada unha desas historias pódese corresponder con
algún dos seus títulos máis coñecidos. Queres saber cales?
Vén pola biblio e bota un ollo á nova exposición. Temos algún título novo xunto con toda a obra de Leo Lionni que xa habitaba en Bibliosouto. Desempoámolos e lustrámolos para que vos acheguedes a coñecer aos personaxes que el creou para todas nós.
Comentarios
Publicar un comentario