Alá polo 1979 o mestre e ilustrador italiano Francesco Tonucci facíanos reflexionar sobre a importancia de lerlles ás crianzas cunha das súas viñetas.
Ler, lerlles a outras/os, axuda a mellorar a linguaxe, entrena a atención, estimula a imaxinación... Ademais, escoitar a voz de mamá, papá ou avoa mentres nos contan, crea un refuxio único que non só alimenta a súa imaxinación e vocabulario, senón que fortalece os vínculos con eles.
Lede sen présa, desfrutade do momento e deixade que as vosas crianzas escollan o mesmo conto mil veces se o desexan. Non esquezades que aínda que o voso fillo ou filla sexa unha lectora autónoma, non debedes deixar de lerlle, non perdades ese momento de vinculación tan importante.
Visitade a biblioteca pública (a nosa biblio de Cambre é unha auténtica marabilla), ou quedade para intercambiar libros con amigos e amigas.
Desfrutade das vacacións e vémonos en setembro de volta para falarmos de todo o que levamos lido, escoitaremos con gran interese as vosas recomendacións.
Feliz verán, familias!
Para ver outras entradas relacionadas, preme na seguinte imaxe:



Comentarios
Publicar un comentario