Comprácenos comunicarvos que por fin temos na nosa biblioteca 44 Poemas para leer con niños, un libro editado por primeira vez no 2013. É unha obra fantástica para ser lida en voz alta, en familia.
Une o talento e a sensibilidade de Mar Benegas á hora de seleccionar os poemas; e a riqueza e o talento dos versos de corenta e catro grandes poetas: León Felipe, María Elena Walsh, Gabriela Mistral, García Lorca...
"Non me gustaría deixar de lembrarvos o fermoso que é compartirmos a lectura en voz alta: o vínculo que se xera é dos que perduran na memoria. Lembrade que cando a vosa familia ri, le, xoga, recita, conversa ou pensa xunta, está a construir lembranzas".
Mar Benegas
Pasade pola biblio. Escolle POESÍA!
Comentarios
Publicar un comentario