DIVERTÍMONOS COA POESÍA



     Pois este é o resultado do obradoiro de poesía que nace do libro de Mar Benegas A juego lento. Cada clase pasou por "Bibliosouto" para aprender un pouquiño máis sobre este xénero literario, ao que cremos que temos que achegarnos máis frecuentemente. 

    Coas clases de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria elaboramos un ABECEDARIO POÉTICO, no que se traballaron as letras do abecedario, a imaxinación, as palabras e os versos. Quedou tan bonito que o imos transformar nun libro para a nosa biblio! 

    O alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o "Non sense" facendo LIMERICKS. Como punto de partida, amosámoslles o Libro de NON SENSE de Edward Lear. 

    Despois da explicación a través dunha presentación feita para a ocasión  escribiron o seguinte:


   Foi unha actividade moi divertida e saíron cousas como a seguinte:

"O neno máis popular de Torpeza

pon os calzóns na cabeza

o seu pelo cheira a peidos

e o seu cheiro chega ata os teitos.

Así é o neno máis popular de Torpeza."


    Por último, a rapazada dos cursos máis altos, 5º e 6º de Educación Primaria, fixeron poemas dadaístas e surrealistas. Despois de ver as presentacións explicativas, puxéronse mans á obra traballando con xornais e crearon o seguinte:


    Aproveitando a actividade, tivemos expostos libros de poesía da colección da biblio, incluíndo varios títulos de Mar Benegas, que tiveron moito éxito!

    Pasádevos pola biblio.

    Escolle poesía!


    Para ver outras entradas relacionadas, preme nas seguintes ligazóns:




Comentarios