DÍA DA POESÍA

 

    Ola, bibliosouteiras/os!

   Para celebrar estas semanas da Poesía, seguimos uns días máis cos obradoiros arredor da obra de Mar BenegasA Juego lento, Taller de poesía

    Coas vosas creacións estamos a montar unha exposición no corredor da biblio, para podermos difundir as vosas obras a toda a comunidade.

    Esperamos que con estes obradoiros consigamos unha aproximación agradable a este xénero literario, comprendéndoo, vivenciándoo e sentindo a súa parte máis lúdica e creativa. 

Frida Kahlo (1939), As dúas Fridas.


    Ademais, coa desculpa de desenvolver diversos xogos e propostas, estamos a coñecer un pouco máis outras obras, xéneros e algo máis da historia da arte.

Marcel Duchamp (1916), Fonte.


Hannah Höch (1931), Collage.


Pásate por BiblioSouto. Escolle poesía.

Feliz día da POESÍA!



Comentarios