EXPERCIENCIA

    Ola, bibliosouteiras/os!


    Como sabemos que no Souto andamos sempre interesadas polas ciencias experimentais, recomendámosvos esta xoia que edita Cumio.


    Experciencia está cheíño de experimentos ben sinxelos que podemos facer na nosa casa e que de seguro darán resposta á vosa curiosidade e desenvolverán en vós un pensamento e razoamento científico e crítico.


    Non deixedes de consultar este libro e levalo en préstamo para a casa, pasarédelo xenial!


Para ver outras entradas relacionadas, preme nas seguintes imaxes:




Comentarios