BIBLIO EN FAMILIA. FEBREIRO

 


    Este mes de febreiro faremos un novo encontro de "Biblio en familia", dándonos cita, coma sempre, o último mércores do mes de 16:00 a 18:00 horas.


    Nesta ocasión, ás 16:45 Alba e Nora, mamá e alumna do cole respectivamente, contarannos unha fermosa historia de Marcus Pfister. Despois, Alba fará unhas recomendacións literarias para nenos e nenas de 3 a 8 anos.


    Podedes achegarvos dende as 16:00 horas para visitar a nosa biblioteca, xogar e ler en familia.


    Non vos perdades este encontro. Vémonos en BiblioSouto!



Para ver outra entrada relacionada preme na seguinte imaxe:




Comentarios