O pasado mércores tivemos a sorte de poder desfrutar do contacontos de Alba e Nora na nosa biblio. A obra escollida foi O peixe arco da vella de Marcus Pfister e encantounos! Todas as presentes queremos repetir. Oxalá moitas máis familias anímense a vir contar.
Despois dese contacontos, Alba recomendounos unha serie de títulos que tratan distintos temas como: igualdade, xénero, identidade... Nós apuntámonos máis de un para incluilo no noso fondo e compartilo con toda a comunidade. Moitas grazas a Nora e Alba por agasallarnos unha tarde de libros, fantástica e en familia.
Vémonos en BiblioSouto para seguirmos facendo comunidade!
Comentarios
Publicar un comentario