Ola!
Por fin chegamos ao noso último punto (non por iso menos importante) do decálogo da familia implicada coa lectura:
10. Fomenta o gusto e coidado pola biblioteca persoal e/ou familiar.
É moi importante ter un lugar axeitado para gardar e ter á vista os libros que se lle van mercando ou que recibe como agasallo.
É unha maneira de darlle importancia á colección propia e familiar á que voltar unha e outra vez para ollar, ler e comparar.
E agora, dirías que a túa unha familia está comprometida coa lectura? Que puntos cumprides do decálogo? Cales aínda non? Que outros puntos engadirías?
Esperamos que todas estas entradas no blog sírvanvos como punto de partida de debate e reflexión en familia, e tamén de inspiración e/ou guía para comprometervos cada día máis coa lectura.
Vémonos na BiblioSouto!
Se queres ver outras entradas relacionadas, preme nas seguintes imaxes:
Comentarios
Publicar un comentario