DECÁLOGO (1): LER ANTES DE SABER FACELO

 

                                                                                                                   Imaxe xerada por IA


    O profesor Juan Mata (2009) conta que "hai xa uns anos, unha escola recolleu no no seu blog o primeiro Decálogo da familia comprometida coa lectura, e a partir desa primeira idea moitas outras escolas e entidades públicas e privadas, preocupadas pola comprensión lectora do alumnado e polo fomento da lectura deron en elaborar os seus propios decálogos".


    Dende a BiblioSouto queremos convidarvos a que reflexionedes con nós sobre a lectura nas nosas crianzas (comprensión e rapidez lectora, gusto e hábito lector...); para o que elaboramos para toda a comunidade escolar o noso decálogo, a partir dos que outras escolas fixeron antes, adaptándoo a nós.


    Hoxe achegámosvos o primeiro punto do noso decálogo: 


1. A familia comprometida coa lectura é aquela que anima a ler ás súas crianzas, incluso antes de que estas saiban ler.



Referencias bibliográficas:

Mata, J. (2009) 10 Ideas clave: Animación a la lectura: Hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Editorial Graó


    Para ver máis entradas relacionadas, preme nas seguintes imaxes:






Comentarios