Benvidas/os!
BiblioSouto está preparada para que vos acheguedes e vexades que temos entre mans... Un curso adicado á gastronomía galega de seguro estará cheo de sabores, olores e cores que encherán a nosa biblioteca.
Durante as primeiras semanas de curso, o equipo da biblio adicouse a traballar arreo para que todo estivese preparado para a apertura de BiblioSouto: catalogouse unha gran cantidade de libros, reorganizáronse os espazos e os andeis, deseñáronse os horarios, creáronse propostas, enchéronse as mochilas viaxeiras... e, por suposto, preparouse con agarimo esta primeira xornada de apertura na que todo o alumnado pasaredes pola biblioteca e comezaredes a descubrir que se está a cocer.
Vémonos maña pola biblio!
Comentarios
Publicar un comentario