Ola, bibliosouteiras/os!
Como sabedes, estes últimos días apuramos a presentación das dúas temáticas que Lerouchiño vén de propoñernos para o vindeiro curso.
Despois das votacións e de rematarmos co escrutinio, podemos informarvos de que a temática do PDI para o curso 2026/27 será:
GASTRONOMÍA GALEGA
Candidatura ARTE GALEGA: 84 votos
Candidatura GASTRONOMÍA GALEGA: 96 votos
Grazas por participar! De seguro que o imos pasar xenial o vindeiro curso, aprenderemos moitísimas cousas e desfrutaremos moito do proceso.
Desfrutade do verán e das merecidas vacacións.
Vémonos á volta en BiblioSouto!
Comentarios
Publicar un comentario