LA VIDA AMOROSA DE LOS ANIMALES

 

    
    Ola, bibliosouteiras!

    Sendo o mes de xuño o mes adicado ao Orgullo LGBTQ+, non podiamos deixar de compartirvos un libro acorde a estas datas.

    Esta proposta de Fleur Daugey e Nathalie Desforges é tan ameno e entretido coma necesario.

    Dende o máis absoluto rigor científico e cunha linguaxe próxima e divertida preséntanos a diversidade sexual que existe na natureza.

    É verdade iso de que ou se é macho ou se é femia? Cantos tipos de familias hai? Continúas a pensar que iso que dixera Charles Dickens, "o ser humano é o único que sabe bicar", é certo?

    Todo o que sempre quixeches saber sobre diversidade afectiva telo en La vida amorosa  de los animales.

    Pásate por BiblioSouto!



Comentarios