Boas, bibliosouteirxs!
A autora deste libro, Anushka Ravishankar, que posúe un talento especial para os versos nonsense, está considerada actualmente unha das mellores autoras de libros infantís na India, e recoñecida internacionalmente.
Non vos pasa a vós que con frecuencia proxectamos unha morea de bos propósitos e que, por algún estraño motivo, semella írense torcendo? Non son só excusas, ou si?
Desternillante e orixinal, e cunhas ilustracións magníficas, de Gabrielle Manglou. Non deixes de pasar pola biblio.
Escolle poesía!

Comentarios
Publicar un comentario