Este ano, no día do libro, como xa é tradición, compartimos lecturas.
Con música suave de fondo, e un tempo benigno, o alumnado do centro ocupou diferentes espazos do exterior para ler e lerlles a outras/os.
Nas xornadas previas, o alumnado dos cursos máis altos seleccionou unha lectura axeitada para ese día, tendo en conta a idade do seu amadriñado/a ou apadriñada e fixo o empréstito na biblioteca.
Encántanos ver tantos libros en circulación, sendo empregados e disfrutados por todas, enchendo todos os espazos do cole.
Feliz día do libro!

Comentarios
Publicar un comentario