TICNIKS. DINA

    Agochados nunha tenda de xoguetes hai uns peluches tan doces que a avoa Enriqueta non se resiste a levarlle un á súa neta Tina.


    Pero son realmente peluchiños inofensivos? Non, están lonxe de seren simples xoguetes. Hai que apertalos, recitar unha fórmula secreta e seguir as tres regras ou...reinará o caos durante vintecatro longas horas.


    Das mesmas autoras que a saga de Unha casa monstruosa, e a colección de Minino; chega esta  nova publicación da editorial Combel para facer as delicias das lectoras e lectores interesados/as en banda deseñada. 


Teñas a idade que teñas, anímate a botarlle un ollo. 


Pásate pola biblio!


Comentarios