Ola!
Por BiblioSouto seguimos presentándovos novidades moi interesantes.
Preguntácheste por que as sardiñas nadan formando espirais no mar? Ou por que hai aves que voan formando unha "V" perfecta? Ou por que é tan sobrecolledor o voo nupcial das abellas?
Atoparás as respostas a estas e outras preguntas nesta xenial publicación da editorial Zahorí.
Non a perdas. Pásate pola biblio!

Comentarios
Publicar un comentario