Pasaron por aquí todos os cursos, e despois de descubriren números secretos, conseguir abrir un críptex e adiviñar distintas mensaxes, poideron buscar as letras do nome do personaxe fantástico que terán que investigar durante este curso en relación ao noso proxecto "Habelas hainas".
Buscamos entre sesos de morcego, puding de gusanos e sopa de ollos... Todo moi divertido e terrexío a partes iguais.
O alumnado de educación infantil serán unhas estupendas "Meigas", os de 1ºEP aprenderán sobre o "Gatipedro", os de 2ºEP descubrirán o personaxe da "Coca", os de 3ºEP vagarán coa "Santa Compaña", os de 4ºEP serán uns astutos "Tardos", os de 5ºEP serán "Lamias" e "Urcos" e os de 6ºEP convertiranse en "Nubeiros".
Pasámolo moi ben e fixérono xenial!
.jpeg)
-COLLAGE.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario