BIBLIOSOUTO EN FAMILIA

 

    Achegámonos ao último mércores do mes e polo tanto a unha nova sesión de Biblio en familia, esta vez a cargo da familia Sante Weeteling.


    Nesta ocasión, e relacionándolo co 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", poderemos escoitar e reflexionar sobre os contos de Adela Turín e Nella Bosnia da colección "A favor das nenas". A continuación haberá un obradoiro onde faredes unha chapa reivindicativa. 


    Poderedes ver a maioría dos títulos da colección destas dúas autoras na exposición que temos no corredor, e  tamén algúns dos traballos que están a facer as vosas fillas e fillos na escola en relación a esta temática.


MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO

16:45 (podedes vir dende as 16:00)


 Agardámosvos na Bibliosouto!



Comentarios