Ola, bibliosouteiras!
Achégase unha das nosas datas favoritas. En BiblioSouto, somos moi de festexar por todo o alto a "despedida do verán" e o chegar dos días fríos que traen ao inverno, por iso adoramos a festa do Samaín.
Este ano, co noso PDI "Habelas, hainas", estades máis que obrigadas a pasar pola biblio e ver que pócemas se cocen por aquí.
Convidámosvos a pasar unha arrepiante experiencia, semellante a un escape room que esperamos vos faga un pouco máis expertas en conxuros, meigallos, trucos e mitoloxía. Atrevédesvos a vir?
O Samaín espérate en BiblioSouto!

Comentarios
Publicar un comentario