Ola!
Hoxe festexamos un novo comezo na biblio. Durante estas primeiras semanas de curso, o mestrado que conforma o equipo de biblio esforzámonos para que todo estivera presentable, relucente e preparado para que vos acheguedes a desfrutar dela.
Na nosa biblioteca hai novas incorporacións ao equipo de voluntarias cheas de ganas e ideas interesantes; mochilas viaxeiras listas para que comecen a visitar as casas de todo o alumnado, biblios de aula que farán espallar por todo o centro os fondos que atesoura BiblioSouto, preparadas algunhas das tardes en familia, quentando motores para os venres de conto, os luns de xogos (con novas adquisicións) e moito máis.
Que ledicia estar de novo por aquí. Pasádevos pola biblio!

Comentarios
Publicar un comentario