PROXECTO DE CENTRO CURSO 2025/26

    Ola, bibliosouteiras/os!


    Como sabedes, estes últimos días apuramos a presentación das dúas temáticas que Lerouchiño vén de propoñernos para o vindeiro curso.

     Despois das votacións e de rematarmos co escrutinio, podemos informarvos de que a temática do PDI para o curso 2025/26 será:


HABELAS HAINAS


Candidatura ARTE EN GALICIA:76 votos

Candidatura HABELAS, HAINAS: 97 votos



    Grazas por participardes! De seguro que o imos pasar xenial o vindeiro curso, aprenderemos moitísimas cousas e desfrutaremos moito do proceso.


Desfrutade do verán e das merecidas vacacións. Vémonos á volta en BiblioSouto!





Comentarios