ONDE VIVEN OS MONSTROS

  

    Hoxe achegámosvos unha nova recomendación: Onde viven os monstros, de Sendak. Este é un deses indispensables que deberiamos ler, cando menos, unha vez na vida. 


    Fala sobre a fantasía, a imaxinación infantil, a importancia de sentirnos comprendidos/as, o poder do amor familiar e tamén da desobediencia; porque "pretender educar, concienciar o lector de cousa calquera a través da literatura, por boa e nobre que sexa esa cousa, é desleal" (de Toro, 2019, p.71). 

    A obra de Sendak caracterízase por non ter propósitos pedagóxicos nin morais polo que a súa obra resultou, no seu día, subversiva. Hoxe sabemos que o lugar da literatura na educación e na formación das persoas (adultas ou crianzas) é o de "gozar da liberdade da imaxinación e, tamén, facer esa ximnasia da imaxinación que nos fai comprender o mundo e que nos ensancha a mente e o espírito" (de Toro, 2019, p.81)


    Non perdades este gran clásico. Pásate pola biblio!



de Toro, S. (2019). Dentro da literatura. Ed. Xerais


Comentarios