Un curso máis, dende BiblioSouto, estamos a preparar a Feira de Ciencia grazas á participación do alumnado de 5º e 6º de primaria e a colaboración de todo o profesorado.
Este ano, seguindo co noso PDI de "Facendo comunidade", pensamos en traballar aspectos científicos relacionados coa cociña, xa que pensamos que hai poucas cousas mellores que compartir mesa e comida con familia e amigos para seguir tecendo comunidade.
Non estamos seguras de podermos preparar aperitivos para toda a comunidade pero de seguro que o alumnado poderá compartirnos todo o que están a aprender sobre disolucións, reaccións químicas, zooloxía, anatomía, mates aplicadas... ademais de traballo en equipo, escoita atenta, paciencia e desexo e gusto por aprender.
Se queredes seguir de preto o proceso, podédesnos atopar na recén estreada aula de Polos. Se preferides esperar ao día da Feira da Ciencia, lembrade que a celebraremos, como xa é tradición, o último día do segundo trimestre.
Comentarios
Publicar un comentario