.jpg)
Este venres, 21 de marzo, Día da Poesía, deixamos que moitos dos libros de poesía de BiblioSouto foran rescatados polo alumnado do cole para seren propagados polas aulas e compartidos coa comunidade durante a xornada.
Cada parella de emisarios/as foron chegando e achegando poesías ás aulas, para sorpresa e ledicia do alumnado e profesorado do centro.
Moitas grazas a todo o alumnado participante por convertírense en embaixadoras/es da poesía durante este día, e ao profesorado pola súa colaboración e paciencia infinita!
Feliz Día da Poesía!
Comentarios
Publicar un comentario