LUNS DE XOGO

   

    Comezaron os "Luns de xogo" na biblioteca, para o que empregamos a zona do corredor da entrada da biblio. 

    O voluntariado está a recibir unha formación de primeira en xogos de mesa de recente adquisición. Así, elas/es, á súa vez, forman, guian e acompañan a todo o alumnado do centro que quere participar nesta actividade.

    Os primeiros dous xogos escollidos para comezar esta actividade para os recreos dos luns foron: Reinas durmientes e Pelusas. Están encantando. Queres ti tamén aprender a xogar e pasar un recreo diferente? Apúntate aos "Luns de xogo". Pásate pola bilbio!


 

Comentarios