DILA COCODILA

    Este cómic, perfecto para primeiras lectoras (e para calqueira idade), preséntanos as habitantes de Pradoverde, un lugar fermoso onde viven Dila e as súas amigas.


    Esta historia, chea de humor, céntrase na importancia de coñecerse a unha mesma e valorarse tal e como unha é.


    Non deixes de pasar pola biblio e anímate a descubrir a Dila, Mapi e Lombriz. Esperámoste!

Comentarios