DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

    Ola!

    O día 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.


    Con esta conmemoración ponse de manifesto que aínda hoxe as mulleres e as nenas enfróntanse a unha situación de desigualdade tamén no eido das ciencias, matemáticas, enxeñerías e tecnoloxía.


    Actualmente, as mulleres representan só o 30% das persoas adicadas á investigación científica en todo o mundo.


    As científicas, tanto actuais coma do pasado, foron e son moitas e de gran relevancia no progreso da ciencia, mais a súa presenza en publicacións, radio, televisión, libros de texto, redes, coloquios... é case anecdótica. As mulleres seguen invisibilizadas.

    

       Moitas grazas a Vera, Carmen, Sofía e Nuno, voluntarias de 5º, por faceren un mural especial para esta data que decorou a entrada de BiblioSouto durante todo o mes de febreiro.



    Fixemos unha exposición cos libros sobre ciencia e mulleres que temos no noso fondo. Ao levalos en préstamo axudamos a darlle difusión ao traballo de grandes científicas.


    Ademais, empregando varios libros do noso catálogo, propuxemos un par de xogos que teñen como obxectivo familiarizarse con nomes de mulleres da ciencia e coñecer un pouco máis sobre elas e o seu traballo.




Comentarios