Zeltia Torrecilla, unha das nosas mamás do cole, inaugurou o pasado mércores as tardes de "Biblio en familia", cun tema interesantísimo: a alimentación saudable.
Deixámosvos un enlace que Zeltia nos recomendou e que pensamos pode ser do voso interese. É o plato Harvard, no que debería estar baseada a nosa dieta. Podedes saber máis premendo na seguinte imaxe:
A partir desa e outra información, animounos a elaborar os nosos pratos empregando as cores do esquema anterior, mentras reflexionabamos e falabamos sobre o tema.
Recomendámosvos o seguinte libro, que temos na biblioteca, e que explica todo o relacionado coa alimentación saudable dun xeito ameno para a rapazada, e ademais inclúe receitas!
Lembrade que podedes levar en préstamo a maioría de libros da Bibliosouto utilizando os carnés das vosas fillas e fillos.
Esperamos que sigades a participar nas próximas convocatorias (sempre o último mércores de cada mes de 16:00 a 18:00) e sintádesvos libres para propoñernos outras actividades e obradoiros.
Encántanos abrir a biblioteca para seguir facendo comunidade. Todas e todos sabemos algo que poder compartir coas demais, non deixedes de facelo.
Moitas grazas, Zeltia!
Comentarios
Publicar un comentario