RINOCERONTE

 


    Ola!

    Hoxe querémosvos presentar un recurso de moita utilidade. 


    O dicionario en liña RINOCERONTE, castelán-galego, é dos mellor valorados á hora de resolver dúbidas sobre léxico en galego.


    Para que o teñades a man, incluímolo na barra lateral de ferramentas do noso blog da BiblioSouto, dentro do apartado dicionarios.


    Sabedes quen elaborou este dicionario? Pois veredes, a editorial Rinoceronte, de Cangas do Morrazo, foi quen elaborou este traballazo dende 2005 empregando fontes como VOLGA, CORGA e Termigal, Ir Indo, Galizionario, entre outras, e engadindo máis fraseoloxía, topónimos... Esta editorial adícase maioritariamente a traducir obras ao galego, principalmente obras recentes, dende linguas tan variadas como árabe, húngaro ou xaponés.


    E por que o fixo? Pois, porque despois  empregar as ferramentas que había ata aquel momento para a tradución dos seus textos, viron que non atopaban resposta satisfactoria ás súas dúbidas; así que elas mesmas comezaron a elabroar un dicionario moito máis completo que realmente axudase a solucionar estes problemas.


    Esperamos que esta entrada no blog fora do voso interese. Probádeo!





Comentarios