Ola!
Hoxe querémosvos lembrar que entre os nosos fondos hai un libro que nos parece máis que recomendable, polo interesante do seu contido e o ameno da súa escrita.
Coñeceredes a gran problemática dos plásticos nos océanos e esperemos que vos leve a organizarvos contra este desastre.
Este libro da bióloga Ana Pêgo é moito máis que un libro de información, inclúe unha interesante guía para preparardes as saídas á praia e cremos que a súa lectura non vos deixará indiferentes.
Confiamos en que este texto leve a máis de unha/un de vós a rebelarvos contra a tiranía dos plásticos.
Pásate por BiblioSouto!
Comentarios
Publicar un comentario