Por BiblioSouto andivemos estas últimas semanas cos preparativos do día da paz.
Están expostos algúns libros e materiais que nos parecen interesantes para conmemorar esta data.
Sofía, Enma e Sabela; coa axuda de Salomé, Irene e Lara (todas elas de 6º de primaria) crearon os murais do exterior da biblio. Para facelo, pensaron moito no que significa para elas a paz e mesmo empregaron palabras para construír unha paisaxe de paz.
Tendemos a pensar na paz como a ausencia de guerras, pero é algo máis amplo. A paz fai referencia a moito máis: á xustiza, á convivencia en harmonía, a posibilidade de ser diferente sendo respectada a nosa integridade, a construción dun marco de tolerancia real, a aceptación e respecto da diversidade...
Esperamos que esta conmemoración sírvanos para reflexionar sobre a necesidade da construción dunha sociedade onde predomine a cultura da paz.
Moitas grazas ás artistas por crear estes murais e feliz día da PAZ a todas!
Comentarios
Publicar un comentario