MILO E LOBERTO

 


    Este cómic de Gastón Cava e editado por Cumio está cheo de humor. Con el coñeceredes a Milo, un simpático morcego, e ao seu recente amigo Loberto. Gustáronse dende o primeiro momento en que se coñeceron grazas a compartiren a maneira en que ven o mundo.


    Está adaptado ás primieras lectoras (aínda que tamén vos gustará ás máis maiores) xa que está estruturado en vinte pequenas historietas, en maiúsculas e con pouco texto, cun máximo de seis viñetas por páxina.


    Pásate pola biblio!

Comentarios