Dende hai tempo víñamos falando da posibilidade de abrir a biblioteca do cole, pola tarde, para toda a comunidade (non só o alumnado).
O feito de estarmos traballando durante este curso o proxecto anual "Facendo comunidade" levounos a imaxinar e concebir unha actividade que esperamos teña unha longa traxectoria e que esta semana dá comezo: "Biblio en familia"
O último mércores do mes, de 16:00 a 18:00 h., celebraremos na biblioteca un encontro onde a comunidade se dará cita para aprender con e de outras/os.
A primeira hora centrarase nalgunha actividade que previamente se preparará e consensuará coas membros do equipo de biblioteca: contacontos, obradoiros, concertos didácticos...
A segunda hora estará aberta a desfrutar da biblio coas vosas crianzas, ler, probar xogos de mesa... e tamén poderedes levar en préstamo empregando do carné do alumnado.
Achegádevos á biblio este mércores, queremos seguir facendo comunidade!
Comentarios
Publicar un comentario