VARVARA STEPANOVA

 


    O grupo das maiores de infantil, centradas nun proxecto sobre o corpo humano, fixeron unha divertida actividade baseándose na obra de Varvara Stepanova. Vedes que artistadas?


    


    Varvara Stepanova
(Lituania, 1894 - Moscú, 1958) foi unha representante clave do movemento artístico constructivista  que abandeirou a vangarda durante a revolución. Loitou polos dereitos das mulleres. Viviu con Rodchenko e Kandinsky, e os tres acabaron marcando a historia da arte.


    Stepanova non só destacou en pintura, foi brillante en deseño, artes gráficas (tipografía e ilustración), escenografía (creou deseños innovadores para o teatro), performance e textiles, experimentando con patróns e texturas.

    Tanto é así que o seu traballo creativo chegou ata os nosos días, vémolo nas pasarelas en deseños de coñecidas marcas deportivas.


    En BiblioSouto atoparás unha selección crecente de libros sobre a arte. Verás que ao longo deste curso seguiremos ampliando esta sección que nos fascina, polo de agora podes mergull-ARTE nela e atopar verdadeiras xoias.



Vémonos na biblio!!




H. W. Janson, A. F. Janson (1988) Historia del arte. Ed. Akal


Comentarios