Xa están listos os murais de Nadal da biblio!
Despois de varios recreos de moito traballo, hoxe lucen ben fermosos no corredor da biblio.
Encántanos ver así de ben a entrada de BiblioSouto, non podiamos pensar nun mellor proxecto para conmemorar estas datas e adornar a nosa entrada.
Moitos personaxes que coñecedes, ou que aínda tedes que coñecer, están presentes neses murais que fixeron Vera, Carmen e Sofía. Moitas grazas ás tres!
E, por certo, sodes quen de identificar todos os personaxes que debuxaron as nosas compañeiras?
Tentade conseguir facer un listado con todos os personaxes que aparecen nos murais e deixádello ás voluntarias/os da biblio no recreo. Imos ver quen é unha verdadeira coñecedora de todo este mundo de creación que temos á nosa disposición na biblioteca.
Pasade a velos, e veredes que chuladas. E, por certo, feliz Nadal de lectura!
Comentarios
Publicar un comentario