Ola!
Temos outra novidade chula na biblio: La regla mola (si sabes cómo funciona) de Anna Salvia e Cristina Torrón Menstruíta, psicóloga e ilustradora, respectivamente; ámbalas dúas moi sensibles e interesadas pola temática da educación sexual.
Para todas as persoas que colaboramos para que a biblio estea a altura da educación que reciben as nosas crianzas era unha necesidade termos libros que falen deste tema dunha maneira amena e divertida.
Veredes que non só fala do aparato reprodutor feminino, senón que afonda no tema da sexualidade e emocións.
Pasade pola biblio!
Comentarios
Publicar un comentario