INVENTARIO DE ANIMAIS CON COLA

 


    Chega á nosa bilbio un novo inventario, editado por Kalandraka: Inventario de animais con cola.


    Coa mesma calidade estética que os anteriores, posúe unhas marabillosas ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel que destacan pola súa precisión e realismo.


    É unha fermosa obra que seguro te sorprenderá. E ti, dirías que os morcegos teñen cola?


    Pois así é, "o morcego das ribeiras hiberna en cavidades subterráneas durante o inverno. Durante o resto do ano vive nas beiras dos ríos, onde se alimenta, de insectos acuáticos. Para atrapalos, voa a rentes da auga estendendo a membrana que ten entre as patas e a cola a xeito de ganapán".


    Pásate pola BiblioSouto e sorpréndete con esta nova adquisición. Esperámoste!





Comentarios