A aula de Tócame Roque


    
Hoxe o alumnado de 6º de primaria quixo deleitarnos coa representación dunha función teatral. A obra escollida foi "A aula de Tócame Roque". Unha historia esperpéntica na que non deixamos de rir nin un só minuto. Pasámolo xenial con este alumnado que en nada xa se despide do noso cole. Toda a sorte do mundo para todos vós na nova andadura que comezaredes no mes de setembro, de seguro que a vida vos depara grandes éxitos.


Se queredes ver a representación, podedes premer no telón. 

(Pedímosvos desculpas pola pouca calidade do audio).



 


Comentarios